A Barca e a Barquiña

0
376

ponteceso-barquina-2009-cartelFin de semana importante na Costa da Morte: estase a celebrar a Barca de Muxía, pero non é a única festa. Non moi lonxe da Barca espéranos outra gran cita da zona: a Barquiña de Ponteceso.

O sábado e mais o domingo son os días máis fortes en Muxía. Á festa do sábado con tres formacións musicais: ALARMA, TRIUNFO e JOCKER séguelle o domingo coas orquestras FANIA e OLYMPUS. O luns é o día dedicado máis especialmente aos veciños, xa fóra de toda a aglomeración da fin de semana, pero non por iso hai peor festa, xa que PARÍS DE NOIA e SALSA ROSA serán as encargadas do broche final en Muxía.

O ambiente muxián xa se foi quentando o venres coa actuación de MANILA e OCÉANO. Moita xente no campo da festa, pero moita máis o sábado, día no que as formacións musicais tocaron ata o día e moitos festeiros enlazaron a festa coa sesión vermú do domingo, da man de FANIA BLANCO SHOW. Segundo a organización, unha das xornadas de máis afluencia dos últimos anos.

En Ponteceso a celebración comezou o venres e esténdese ata o martes. Ao festival rock denominado ROCKANLLÓNS séguelle a festa do sábado con dúas orquestras, o domingo con outras dúas formacións clásicas verbeneiras, JUAN MALLO e TROVADORES, o luns co grupo ARAMIO e unha grande orquestra como son LOS SATÉLITES e o martes, último día, con verbena da man das orquestras PRINCIPAL e CAPITOL.

muxia-barca-2009-programa1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*