Festa por todo o alto en Xornes

0
376

orquesta-olympus-2010-cartelCartel promocional de Olympus para 2010. Olympus 2010 Al final del Camino

A parroquia de Xornes, en Ponteceso, está de festas. Dous días de verbenas amenizadas por catro grandes orquestras:

DOMINGO 6 .- ORQUESTRAS PANORAMA e OLYMPUS

LUNS 7 .- ORQUESTRAS COSTA OESTE e PHILADELPHIA

O domingo OLYMPUS e PANORAMA volverán coincidir despois de dúas xornadas seguidas. O venres as dúas orquestras comezaron de novo as actuacións. PANORAMA despois de facer un breve descanso para retomar a recta final da súa xira El gran musical que dará paso á nova temporada Panorama 2010 A xira do Xacobeo a partir do 12 de marzo. OLYMPUS comezou tamén o venres a súa nova xira Al final del Camino xa coas novas fichaxes das que demos conta en Festa a Festa.

O luns COSTA OESTE e PHILADELPHIA proseguen coas primeiras datas da nova temporada. Destacan os cambios na dianteira en ambas formacións: Dunia Santana substituíndo a Esther Alarcón en COSTA OESTE e María (ex MARBELLA) e Elier (ex PASSARELA) substituíndo a Yenina Alonso e Óscar Parente respectivamente.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*