Filloas e boa música en Tordoia

0
508

DSC_9009Cartel da orquestra Aché con todos os integrantes de 2010 / © Foto: roxegar 2010

No concello de Tordoia esta noite tamén hai festa. Na parroquia de Bordaos celebran a Festa da filloa con baile incluído.

A partir das 21:00 horas haberá filloas gratis para todos os asistentes. E despois de comer as filloas nada mellor que unha boa proposta musical. E hoxe en Bordaos a proposta ben por partida dobre: ACHÉ e PALLADIUM, case nada, serán as encargadas do baile e do espectáculo.

Todos os estilos musicais e postas en escena de calidade. Incluso se hai sorte aparecerán pola festa Kim Barreiros e Michael Jackson, todo é posible con ACHÉ e PALLADIUM esta noite en Bordaos, despois das filloas.

Orquesta Palladium - 2010 - 050 - VilalongaEspectáculo e repertorio verbeneiro da man de Palladium e Aché esta noite en Bordaos (Tordoia). Na foto, Fernando Hernández, da primeira das formacións musicais /© Foto: roxegar 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*