O campo da feira de Paiosaco, na parroquia de Lestón, no concello da Laracha, a vinte e poucos quilómetros da Coruña e unha das feiras de máis sona de toda a provincia, acolle desde hoxe sábado as atraccións de feira e os escenarios das formacións musicais que amenizarán tres xornadas festivas. Son as festas grandes da parroquia.

A Laracha 2016 - Festas do Corpus en Lestón-Paiosaco - cartel

O grupo TRIUNFO, que xa estivo máis veces en Paiosaco, e a orquestra LOS SATÉLITES abren as festas dentro dunhas horas. A formación musical CARAMELO será a encargada da verbena do domingo e para o luns, último día, DZONA actuará en sesión vermú e noite, e como remate final, EL COMBO DOMINICANO, que se está a converter nunha formación musical fixa nestas festas, pois xa hai varios anos seguidos que forma parte do cartel.

A próxima celebración en Paiosaco será na primeira fin de semana de xullo, a Festa das Cereixas, que de novo traerá a música e o divertimento ao campo da feira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*