Nova convocatoria solidaria en Caldas de Reis

0
287

caldas-de-reis-2010-gala-benefica-por-haiti-cartel

E van cinco. Catro macroverbenas e un concerto en Pontevedra para recadar fondos para Haití. Esta vez toca en Caldas de Reis.

Primeiro foi a convocatoria da Barcala (Cambre) con cinco orquestras, algunha independente e outras de Espectáculos Lito; despois tocoulle a vez ao Grove con catro orquestras de Alfa3; a continuación Bueu coa orquestra TAMBO; despois foi o macroconcerto de Pontevedra con variedade de grupos e DJ e para rematar, ata o momento, en Tabuexa (As Neves) de novo outras catro orquestras de Alfa3. En total 14 orquestras e diversos grupos e profesionais da música techno aos que agora hai que sumar outros 4 DJ e tres orquestras de Espectáculos Lito que actúan, coma quen di, na casa.

Tres formacións musicais da oficina de Lito e varios DJ traballarán de balde para conseguir apoios económicos para os damnificados de Haití. JERUSALÉN, SINTONÍA DE VIGO e CHARLESTON BIG BAND serán as encargadas de amenizar a verbena e a continuación música por parte dos DJ Neil, Rubén F, Malaguita e Moe.

A entrada custa só 4 €. Se aínda non contribuíches cos damnificados dos terremotos tes outra oportunidade de facelo ao ritmo verbeneiro de tres orquestras de renome no panorama orquesteiro galego. A cita é dentro dunhas horas en Caldas, a partir das 21:30 a verbena e ás 3:00 da mañá a sesión pinchadiscos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*