As festas patronais de Negreira comezan esta mesma noite, e non podían facelo de mellor xeito que coa actuación de dúas das consideradas mellores orquestras do momento: PARÍS DE NOIA e EL COMBO DOMINICANO.

Negreira 2017 - Festas de San Cristovo - cartel

A PARÍS vén de actuar, entre outras, nas festas de Boiro hai un par de días con grande éxito, o mesmo que EL COMBO DOMINICANO, que despois de acompañar a PANORAMA en Vigo e Boiro, hoxe medirase en Negreira coa banda noiesa.

Completan o cartel de Negreira os grupos ALKAR e BOMBA e a orquestra FIN DE SIGLO ademais dos incombustibles LOS SATÉLITES.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*