EXCLUSIVA: Melo de Jerusalén ficha polo grupo La Oca

0
403

orquesta-jerusalen-2009-foto-meloHoxe traemos unha novidade en canto a fichaxes de cara á vindeira temporada. O director do grupo e músico de LA OCA Dani Dopazo confirmounos, en exclusiva para Festa a Festa, a fichaxe de Melo Suárez, percusionista da orquestra JERUSALÉN.

Hai un par de semanas Jorge, o director e cantante da orquestra JERUSALÉN, anunciaba as baixas de Melo e Leshka; o primeiro para descansar e a segunda por abandono da profesión. Pois ben, o percusionista moito non vai descansar porque xa é a nova fichaxe de cara a 2010 de LA OCA, un grupo que por número de datas se coloca entre as 10 formacións máis contratadas de Galicia.

Melo vén substituír na batería a Meni Iglesias, gran músico que abandona a profesión despois de 31 anos de entrega.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*