A outra proposta musical de Jako

0
397

la-dulce-maria-2010-cartel-actuacion

JAKO e compañía estarán en concerto o próximo día 12, pero os seus compañeiros non serán os de AMÉRICA SL, onde está de vocalista. Esta vez imos aparcar a verbena para escoitar case que exclusivamente pop e rock; música que nos traslada a outros tempos non moi remotos, ou si, depende de como o levemos cada un…

LA DULCE MARÍA, un grupo que traballa a música pop e rock dos 80, estará en concerto na provincia de Pontevedra a vindeira fin de semana. Formación musical integrada na súa totalidade por xente que coñece moi ben o mundo das verbenas, algún aínda anda por aí, pero que á parte da orquestra queren mostrarnos máis facetas de músicos profesionais que son da man deste grupo á marxe do verbeneo.

E así nace o grupo LA DULCE MARÍA, formado por Jako, o “cerebro da operación”, el foi quen decidiu montar unha formación destas características e nela leva a voz cantante e mais a guitarra; Fabián, tamén guitarra; Bruno, batería e Miguel, baixo.

O concerto será en Portas, no local Agro dos Mozos (fronte ao campo de fúltbol), o venres 12 as 00:00 horas e con entrada gratuíta. Aí tes a oportunidade de coñecer a outra faceta musical de Jako cos seus compañeiros de aventura, unha aventura diferente a AMÉRICA SL, unha proposta distinta que nos permitirá lembrar un estilo de música (e de vida) concreto. A cita preséntase moi tentadora…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*