Un grupo de cine

0
177

grupo-dcine-2010-cartelUnha nova formación musical para as festas: o grupo D’Cine, formado por cinco integrantes e representado pola oficina Sito Mariño Espectáculos

Acaba de nacer unha nova formación musical para as verbenas. Pero novo é só o proxecto e o nome do grupo, porque os seus integrantes son todos profesionais do sector con experiencia.

A idea partiu do teclista do grupo, e que será o seu director musical, e da vocalista. Óscar e Verónica xa formaban un dúo que amenizaba festas e outros eventos, pero logo viron que o seu proxecto musical quedaba pequeno e decidiron dar o salto. Nace así o grupo D’CINE, con cinco compoñentes que poñerán todo o seu traballo e talento para que a formación musical acabe facéndose un oco no panorama orquestreiro actual. E a xulgar polos compoñentes do grupo, nivel non faltará na nova banda:

ÓSCAR (teclista e director musical)

VERÓNICA CAMBÓN (vocalista feminina)

MICHAEL CORTEZ (vocalista masculino, procede de formacións como PHILADELPHIA, POCEIRO ou TEKILA)

LEO (baixo e coros, procede de formacións como NOVA PALMA e MARBELLA)

MAU (batería)

O grupo D’CINE será representado pola oficina arzuana SITO MARIÑO ESPECTÁCULOS, a que leva no seu catálogo formacións como LOS SATÉLITES, TRÉBOL ou CAPITOL entre outras moitas.

E aquí comeza unha nova historia, unha nova aventura chea de ilusión e de traballo duro para que D’CINE sexa un nome moi coñecido nas orquestras e grupos que amenizan as verbenas. Desde Festa a Festa queremos apoiar a este novo grupo e desexarlle moita sorte nesta nova andaina.

E pronto a páxina web! Seguiremos informando…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*