Nova edición da Festa da Fagía en Vimianzo

0
471

vimianzo-carnes-2009-festa-da-fagia-cartelCARNÉS (VIMIANZO) FESTAS DE SAN CRISTOVO 2009

Na parroquia vimiancesa de Carnés está xa todo preparado para unha nova edición das festas patronais, que inclúen a famosa festa da Fagía, unha das celebracións gastronómicas de máis sona da Costa da Morte.

Esta festa de índole relixiosa pero tamén gastronómica celébrase cada 9 de xullo, véspera de san Cristovo, nesta parroquia de Vimianzo, sen importar cando cadre. Tanto ten que sexa a martes como a sábado, a data é inamovible aínda que se completa cos días seguintes, neste caso aproveitando toda a fin de semana ata o domingo.

Nos arredores da Igrexa parroquial de Carnés, onde ten lugar unha misa na honra de San Cristrovo, sérvense os callos preparados polos veciños. Cada pota pertence a unha familia de Carnés; chámanlle pota da Faguía ou de San Cristovo e cédenlla á comisión precisamente para a cocedura dos callos.

A festa complétase durante catro días coa actuación de oito orquestras e grupos musicais (dous por xornada).

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*