PARÍS DE NOIA actúa esta noite (venres 27) en Aguiño (Ribeira) na festa que fora suspendida o pasado mes de abril xunto coa orquestra PONTEVEDRA. A formación noiesa presentará novidades no seu espectáculo 2016.
O líder indiscutible da orquestra PARÍS DE NOIA, José Antonio Blas Piñón, é baixa durante un tempo, que esperamos que sexa o menos posible, debido a un pequeno percance. O propio cantante confirmábao nas redes sociais e o artista volverá a subirse ao escenario no que traballa desde hai 35 anos unha vez que estea, en palabras do propio Blas, “coas pilas ben cargadas”.
Deixámosvos un enlace a La Voz de Galicia, que publicaba unha interesante reportaxe sobre Blas o pasado 15 de maio con motivo do seu 35 aniversario na París de Noia: