Pistoletazo de saída en Pontedeume

0
558

Pontedeume - Peras 2010 - cartel
Actuacións musicais ata o sábado, en Pontedeume

Son as festas máis importantes na comarca, sen dúbida. Comezan hoxe as festas das Peras 2010. Festa rachada ata o próximo sábado na praza do Conde e, na última xornada de festas, na alameda de Raxoi.

As festas comezan hoxe coa actuación dunha orquestra ben coñecida por toda a comarca de Ferrolterra e do Eume: a MONTES de Narón. ALARMA da Coruña, OLYMPUS de Negreira e ACHÉ de Vilanova de Arousa serán as seguintes en pasar pola praza do Conde. A formación musical PARAÍSO cerra este ano na alameda de Raxoi as celebracións das Peras.

As Cantareiras de Ardebullo, un concerto de DAVID CIVERA e as típicas xincanas serán outros pratos fortes en Pontedeume ademais da gran sesión de fogos de artificio no porto, o venres 10.

Para máis información podes consultar o blog das festas: Blog Festa das Peras 2010 Pontedeume

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*