Uns milagres moi festeiros

0
244

a-laracha-erboedo-2010-cartelNo concello da Laracha celebran os Milagres sen andar con bromas. Dúas parroquias a falta dunha ofrecen carteis festivos para conmemorar o día da Virxe milagreira. Caión e Erboedo celebrarán como cada ano con verbenas e outras actividades as festas relixiosas anuais.

E aínda menos mal que este ano non coinciden no calendario. Hai xusto doce meses informabamos das festas en Erboedo e Caión, mesmo concello, mesmos días de festa. Afortunadamente para os festeiros, este ano non hai coincidencia. As de Caión serán ao longo da semana que vén, con orquestras como PHILADELPHIA, que actuará na praza central da vila o próximo xoves día 9, ou o grupo CICLÓN, o venres 10.

Pero non será por falta de programa; esta fin de semana temos, xa que logo, as de Erboedo, e o día grande parece que será hoxe mesmo. A grande orquestra ARMONÍA SHOW, acompañada doutra formación musical, será a encargada de poñer a música de ritmos sobre todo latinos ata altas horas da madrugada. CHICAS SHOW e CIBELES serán as encargadas da festa de mañá e a orquestra MADEIRA, cerrará o domingo, no que haberá un sorteo dunha cea para dúas persoas.

Dentro dunhas horas comeza a cita festeira de Erboedo; os Milagres xa están aquí.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*