O Naseiro fulmina todas as espectativas

0
606

orquesta-costa-oeste-cartel-2009A orquestra Costa Oeste forma parte do programa musical da Romaría do Naseiro 2009

Unha das romarías máis importantes de Galicia: O Naseiro. Esta fin de semana a festa volve a Viveiro en formato romaría e para non perder comba nas festas máis de 20000 persoas están acampadas no val do Naseiro nas súas casetas para gozar de cinco días de festas.

Onte, primeiro día das celebracións tivo lugar a Festa do polbo e, como é tradición, non hai verbenas. A música dos grupos e orquestras comeza hoxe e levará a festa durante catro días. Para iso cóntase con 8 orquestras e grupos ben coñecidos por toda Galicia. O programa musical da Romaría do naseiro 2009 é o seguinte:

SÁBADO 22 – JOCKER e PANORAMA

DOMINGO 23 – OCÉANO e PARÍS DE NOIA

LUNS 24 – LA BÁMBOLA e COSTA OESTE

MARTES 25 – ALARMA e OLYMPUS

Hoxe sábado será a exaltación do cocido e mañá domingo a dos callos e o marisco. Variedade musical e variedade gastronómica en Viveiro para vivir a tope a Romaría do naseiro un ano máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*