Este é o novo escenario da orquestra Panorama

0
418

Escenario no Fiou 2010O escenario instalado na praza principal de Cea para acoller algunhas actuacións do Festival Internacional de Orquestras é o novo palco provisional de Panorama / © foto: roxegar 2010

As dimensións son considerablemente menores e a robótica, tamén, non hai máis que botarlle un ollo. Pero este será o novo escenario provisional da orquestra PANORAMA. O incendio que calcinou completamente o grande escenario da formación musical forza a buscar solucións alternativas para que PANORAMA poida cumprir co seu ateigado calendario festeiro.

É un dos escenarios que se utilizou a pasada fin de semana en Cea para acoller algunhas grandes bandas musicais que actuaron no Festival Internacional de Orquestras (FIOU). Cando tiramos o sábado a fotografía nada nos podía facer pensar que estabamos diante do novo palco da orquestra bandeira de Espectáculos Lito, pero así son as cousas e o principal de todo é que non hai que lamentar danos persoais; o material pouco a pouco se irá repoñendo. O importante non son as luces nin as pantallas, o importante é a orquestra, e a orquestra son persoas, non ferros. Por iso o espectáculo debe continuar e a festa debe seguir… con PANORAMA, os músicos, técnicos, chóferes e montadores. PANORAMA é xente, e a xente, afortunadamente, segue connosco.

Festa a Festa sempre coas orquestras

Desde Festa a Festa o noso apoio incondicional, como blog dedicado ás orquestras e, a título persoal, como seguidores desde hai xa 15 anos. A FESTA CON PANORAMA CONTINÚA!!!

Sen comentarios

  1. Bueno, fixadevos que detrás das telas que poñen os días e as orquestras hai palco, é dicir, que é bastante grande… Ademais no de panorama as pantallas etc creo que non se queimaron porque van nos outro cmaións, ao mellor adaptando un pouco queda bastante ben, moi sorte Panorama.

    • Ola Noelia. Claro que si, que por palco non ha de ser. É pequeno comparado co que tiñan pero sen facer comparacións é un escenario bastante grande, máis que a maioría dos que coñecemos. Seguro que o han de poñer vistoso abondo, pero o importante é que non lle pasou nada grave a ningunha persoa, polo tanto a pasar páxina e a seguir. Moitas grazas por contribuír coa túa opinión neste blog. Saudiños!!!

    • Ola, este é o que usaron onte e supoño que durante estes días, é provisional e seguramente estean preparando outro onde poidan facer o músical e algún tema que neste non poden. O da foto é un palco provisional, saúdos!!!

    • Ola Adrián. O palco que usan agora é provisional. É normal que estean acondicionando outro máis grande para poder ofrecer o espectáculo íntegro de novo. Saúdos!!!

Deixa unha resposta


*