Adianto das festas de Cis 2010

0
352

cis-2009-foto-1

A localidade de Cis, no concello de Oza dos Ríos, xa está a preparar as festas do vindeiro ano. As cousas con tempo saen mellor feitas e en Cis débeno ter moi claro porque xa teñen contratadas dúas orquestras para 2010.

Os días 21, 22 e 23 de agosto a pequena localidade de Cis celebrou a súa Festa do Mexillón coa participación de moitísima xente, tanta que no bochinche se viron desbordados e as previsións (e provisións) resultaron escasas. Vendeuse todo o destinado para os tres días de festa na primeira xornada. Os case 40 metros de barra foron insuficientes e chegou á localidade moita xente da Coruña disposta a degustar o mexillón, do que se venderon 500 racións. A orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW tamén axudou a que a Festa do Mexillón fose todo un éxito.

A Comisión de Festas quere agradecer a toda a xente que se achegou ao campo da festa a súa participación e tamén, e de xeito moi especial, ao concello de Oza dos Ríos por acondicionar un novo campo da festa para a localidade á parte doutras axudas. Por último tamén quere dar as máis expresivas grazas a todos os veciños que axudaron dun xeito ou doutro para a realización das festas.

E agora queda agardar para o vindeiro ano. A organización vai ben tendo en conta que xa hai dúas formacións orquestrais anunciadas: ARMONÍA SHOW e ESTRELLAMAR. En Cis, polo que se ve, toman en serio as festas…

cis-2009-foto-2cis-2009-foto-3cis-2009-foto-4

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*