Nadela celebra o seu xantar campestre con verbena

0
148

lugo-nadela-2010-san-pedro-cartelCartel anunciador da Feira de San Pedro en Nadela (Lugo)

A só sete quilómetros do centro de Lugo, en Nadela, a celebración de San Pedro ten lugar durante todo o día de hoxe. Unha feira de produtos ecolóxicos e artesanais que xa vai pola sexta edición e inclúe un xantar campestre e música de orquestra.

Coma sempre, con servizo de autobuses gratuíto e nunha paraxe natural impresionante, xantar campestre e música de verbena a un paso da cidade. Cambio de paisaxe radical e festa tradicional onde as haxa. Hoxe en Nadela a música da orquestra MARIMBA completará un día de campo perfecto.

lugo-nadela-san-pedro-2010-programaO accidente da orquestra Acordes, o pasado mércores en Asturias, obrigou ao cambio de formación musical para a sesión vermú e verbena de hoxe en Nadela. Actuará Marimba.

lugo-nadela-2010-san-pedro-foto-1

lugo-nadela-san-pedro-2010-foto-2A Feira de San Pedro de Nadela, que xa vai pola VI edición, desenvólvese nunha paraxe natural incomparable

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*