Imaxe de altura para a orquestra Montes 2010

0
417

orquesta-montes-2010-cartelNova imaxe da orquestra Montes de Narón para a temporada 2010

A orquestra naronesa MONTES estrea nova imaxe para 2010. No cartel aparecen as novas incorporacións que xa están traballando coa formación musical desde principios de temporada. O máis destacable é o reforzo da voz feminina (acompañando a Dayami entra Vanesa Ramil) es a fichaxes dos vocalistas  Daniel Ríos (ex concursante de San de Estrelas) e Javier Meizoso (antigo vocalista de XENTE NOVA). Con algún cambio máis na sección de metais, esta é a formación completa e definitiva para a orquestra MONTES 2010:

Voz Principal : Vanesa Ramil
Voz Principal : Dayami Andux
Voz Principal : Daniel Rios
Voz Principal : Javier Meizoso
Baixista: Jose Luis Cuba (Cuba)
Guitarrista: Francisco Rodriguez
Pianista: Ivis Reyes Ramos
Batería: Cristian Hernandez Borroto
Trompeta: Luis Fernando Peña
Trompeta: Francisco Jose Seivane
Trombón: Elio Licea Velazco
Saxofonista: Fernando Pereira Pigueira (Chipi)

En canto ao novo cartel vemos un cambio cara a unha imaxe máis desenfadada e deixando de lado os de temporadas pasadas moito máis clásicos. Isto tradúcese tamén nun repertorio moi completo no que destaca a música de baile pero tamén teñen cabida os éxitos pop máis actuais, o rock de sempre ou temas de lucimento de voces.

A orquestra, ademais, estará actuando esta fin de semana na casa, nas festas do Alto, en Narón, e serán moitos os veciños e visitantes que acudirán á festa para ver a súa orquestra, porque en terras naronesas a MONTES é toda unha institución. Non é para menos…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*