Festa en formato festival

0
392

vilagarcia-de-arousa-festival-do-norte-2010-cartel

FESTIVAL DO NORTE DE VILAGARCÍA 2010

Esta fin de semana, ademais das diversas festas que se desenvolven por Galicia adiante e que anticipan un verán cargado de celebracións, ten lugar o Festival do Norte 2010, no recinto exterior do Fexdega de Vilagarcía de Arousa.

Este evento, que xa vai pola súa novena edición, ofrécenos as actuacións de artistas como Nada Surf, Los Planetas, La Bien Querida, Nudozurdo ou Carrero Bianco entre outros, que actuarán distribuídos en tres escenarios.

O festival vilagarciano viu pasar polas súas diferentes edicións a importantes bandas como Placebo, Deluxe, Fangoria, Catpeople, Sidonie ou persoeiros da música como Manu Chao, pero tamén se caracteriza polo apoio que lles brinda a novos talentos, sendo así un trampolín importante para grupos galegos.

Os días 30 de abril e 1 de maio tes unha cita musical importante en Vilagarcía de Arousa: o Festival do Norte 2010.

CARTEL COMPLETO

Nada Surf; Pete & The Pirates; JJ; We Are Standard; La Bien Querida; Nudozurdo; Emilio José; Dj Polar; Los Planetas; Klaus & Kinski; Los Punsetes; Carrero Bianco; Dj Lagartija

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*