Presentación e despedida

0
398

grupo-master-2010-cartel1O grupo Master levará a cabo hoxe a súa presentación oficial acompañado pola orquestra Panorama

Dobre ración de festa hoxe en Vegadeo, Asturias. Ata alí desprazaranse moitos dos seguidores asturianos e lucenses para asistir a unha festa na que haberá presentación e despedida.

Dunha banda o grupo MASTER terá alí a presentación oficial da súa nova temporada, despois de varios anos en silencio, cunha imaxe renovada, novos compoñentes e novas ilusións, ademais de boa música, como nos tiña acostumados na anterior etapa.

Doutra banda, a última actuación de 2009 en terras asturianas da orquestra PANORAMA. O pano do escenario de El gran musical subirá hoxe unha vez máis para despedirse. As poucas actuacións que quedan serán todas elas en terras galegas e culminarán o 31 de decembro na praza do Obradoiro, presentando o Xacobeo 2010.

A celebración de hoxe terá lugar no recinto feiral de Vegadeo, a partir das 21:00 horas

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*