A orquestra coruñesa Los Satélites abrirá as festas en Espíritu Santo (Soñeiro – Sada) o día 21 de maio
Hoxe en Festa a Festa adiantamos dúas citas verbeneiras para ter en conta na axenda festeira. Trátase das festas patronais da parroquia de Espíritu Santo en Soñeiro (Sada) que se celebran a partir de mediados de maio, e por outra banda as festas do Carme no Grove. Adiantamos os programas case definitivos e agradecemos aos usuarios que nolos mandaron, dous amigos de Festa a Festa, a súa colaboración. Podes enviarnos os carteis ou programas das túas festas ao enderezo electrónico do blog: festaafesta.blog@gmail.com
FESTAS DO ESPIRITU SANTO – SOÑEIRO (SADA)
21 de maio. GRAN CHURRASCADA e Verbena coa orquestra LOS SATELITES.
22 de maio. Misa solemne. Sesión vermuth e verbena coa orquestra VERANO AZUL.
23 de maio. Misa solemne seguida da tradicional procesión. Para finalizar as festas, sesión vermú cun Grupo Musical.
París de Noia e Panorama abren as festas do Grove o 15 de xullo, véspera do día do Carme
AVANCE DO PROGRAMA DAS FESTAS DO GROVE (XULLO 2010)
Nas festas do Carme grovenses actuarán durante catro xornadas dúas formacións musicais por noite. Sete orquestras e un grupo amenizarán as tradicionais festas na vila mariñeira. Este é o avance:
DÍA 15: Orquestras PANORAMA e PARÍS DE NOIA
DÍA 16: Orquestras TV NORDÉS e COSTA OESTE
DÍA 17: Orquestras PONTEVEDRA e SUPER COMBO
DÍA 18: Grupo LIMÓN e orquestra SINTONÍA DE VIGO