Durante os vindeiros días 22, 23 e 24 de abril a Asociación Cultural e Musical O Castelo organizará a XII Foliada de Melide. Os asistentes a este evento poderán gozar ao longo destas tres xornadas cun completo programa de actividades lúdicas, entre as que non faltarán as numerosas actuacións musicais e unha nova edición do Concurso de Cantos de Taberna.

Melide 2016 - XII Foliada de Melide - cartel

Cantata Vernacula hoxe venres, Os D’Abaixo e Falperrys mañá sábado e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre completan o programa musical ao que lle hai que engadir o VIII Concurso de Cantos de Taberna (sábado), unha nova edición da Mostra de Artesanía na praza central da localidade e o II Concurso de Fotografía ademais das actividades para os máis pequenos de Xente Cativa.

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*