David Bouzón cambia de aires

0
433

los-principes-2009-david-bouzon

O cantante David Bouzón ficha pola orquestra Juan Mallo

Non é que marche para a súa terra canaria nin moito menos. O vocalista David Bouzón dálle un xiro á súa carreira musical e pasa a integrar a dianteira dunha orquestra un tanto distinta ao grupo que deixa atrás. O que fora un dos vocalistas do grupo CHASTON ficha pola orquestra coruñesa JUAN MALLO.

E a verdade é que entre un grupo como CHASTON e unha orquestra como a MALLO hai moitas diferenzas, sobre todo de repertorio. Pero non será, nin moito menos, un problema para que David nos ofreza un ano máis o seu bo facer. Encerrado na súa casa preparando temas, o cantante canario enfrontarase a un repertorio quizais máis clásico do que nos ten acostumados, polo menos desta última etapa en CHASTON.

David Bouzón foi a aposta de CHASTON en 2010, xa o fora da orquestra LOS PRÍNCIPES en 2009 (hoxe MANHATTAN), ano no que a tamén orquestra coruñesa emprendeu unha serie de cambios importantes na formación, no repertorio, e incluso na estrea de escenario ou posta en marcha dunha nova web.

Pola súa banda, a orquestra JUAN MALLO caracterízase por un repertorio clásico e elegante onde prevalece a música de baile pero con guiños a temas pop e rock. Será unha nova andaina para David, sen dúbida, pero sabemos xa de partida que se presentará exitosa. En breve a coruñesa JUAN MALLO comezará nova temporada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*