A Devesa comeza unhas festas con moito esforzo

0
552

valga-a-devesa-2010-campana-cartelA pequena aldea da Devesa presenta un gran cartel para as festas 2010

A localidade da Devesa, en Campaña (Valga) comezou onte domingo as súas festas anuais. O primeiro día está especialmente dedicado para a xente do lugar, son o segundo e mais o terceiro os que se enfocan tamén para os visitantes.

Desde o mes de xaneiro os habitantes da Devesa traballaron arreo para conseguir un cartel atractivo para as súas festas, e vaia se o conseguiron. A cota na aldea é das máis baixas da zona (coméntannos desde a Comisión de festas) e no lugar hai apenas 100 casas. Coa axuda das aldeas dos arredores e o traballo da Comisión durante máis de medio ano o resultado é moi positivo.

Despois da primeira xornada, na que houbo música a cargo do dúo CACHÉ e outras actividades como touro mecánico, karts, inchables, festa da auga, etc…, o segundo día das festas xa está aquí para gozar del. E aínda quedará outra noite para cerrar da mellor maneira posible. OCÉANO e EL COMBO DOMINICANO hoxe luns e LA BÁMBOLA e CINEMA mañá martes. Festa rachada na Devesa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*