Poceiro e Ledicia amenizan a Mostra do Viño da Ribeira Sacra

0
362

orquesta-poceiro-2009-cartelAs orquestras Ledicia Espectáculo (sábado) e Poceiro (domingo) amenizan a Mostra do Viño da Ribeira Sacra, en Ferreira de Pantón (Lugo)

No concello de Pantón están de festa. É a exaltación do viño da Ribeira Sacra, unha mostra lúdico festiva que terá lugar a vindeira fin de semana (sábado e domingo).

Como en calquera celebración gastronómica que se prece, non pode faltar a música de orquestra. Serán nesta ocasión as formacións musicais de Alfa3 LEDICIA ESPECTÁCULO e POCEIRO BIG BAND.

E parece que á POCEIRO se lle dan ben as festas do viño se temos en conta que esta fin de semana actuará en dúas delas: o venres en Barrantes e o domingo en Pantón (o sábado estará no barrio vigués do Calvario).

Para poder consultar o programa completo da Mostra do Viño da Ribeira Sacra podes acceder á web do Concello e mirar no apartado Axenda.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*