Panorama abre cinco días de celebración en San Román

0
402

Orquesta Panorama - 2010 - 0051 - Dena

Panorama abriu onte as festas en San Román, que se prolongarán ata o martes, día no que cerrará a París de Noia / © foto: roxegar 2010

E cerrará o martes a PARÍS DE NOIA. Cartel completo en Cabovilaño, A Laracha, para levar a cabo cinco días de festa por todo o alto.

A orquestra PANORAMA acompañada dun grupo musical abría onte as festas en San Román, lugar do municipio larachés situado xusto a continuación da cabeza do Concello. Hoxe continuará a festa alí coa actuación de dous grupos diferentes: SAMBA e CICLÓN. O primeiro co seu repertorio 100% bailable e o segundo coa súa posta en escena peculiar e un remate impresionante de música contundente. Os dous grupos musicais volverán coincidir mañá sábado moi preto da Laracha, concretamente en Larín, no concello veciño de Arteixo.

E outra que pasará acompañada por TROLE polas festas de San Román é a orquestra COSTA OESTE, que vén de estrear o novo escenario e de presentar tamén cambios no repertorio acordes co novo e flamante palco. Ademais, a orquestra está apostando forte polo seu club de fans e para iso regala aos seus seguidores o seu traballo discográfico que contén o seu primeiro tema propio Mueve las caderas.

A aínda haberá máis días de festa; o domingo coa coruñesa CENIZA. Ritmos moi bailables durante todo o tempo que dura a actuación desta banda liderada por Alexander Rodríguez e Alejandra Pais.

Xa para rematar, despois dun día, o luns, no que non está programada ningunha orquestra, a PARÍS DE NOIA cerrará o martes as celebracións potentes en San Román, competindo un ano máis co cartel das patronais da Laracha que acaban de ser hai dúas semanas escasas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*