Viño e festa en Barro

0
404

barro-2010-festa-do-vino-cartelNova edición da Festa do Viño en Barro (Pontevedra)

Por pouco pero hai festa. A crise e o custo para organizar unha celebración destas características lanzou un rumor de que o Concello ía suprimir a edición deste ano; pero ao final hai festa do viño en Barro. Xunto coa outra festa do viño deste mes (a de Barrantes – Ribadumia), son as máis senlleiras da provincia de Pontevedra.

A falta de coñecer a orquestra que actuará o domingo, o venres e mais o sábado a festa está asegurada con catro orquestras ben coñecidas e con estilos moi marcados. En Barro, un ano máis, xa está aquí unha nova edición da Festa do Viño, como debe ser.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*