As orquestras Aché e Trébol estrean escenario e traballo discográfico

0
401

Orquesta Trébol - 2007 - Palco en Ordes na Festa do ChampiñónO escenario actual da orquestra Trébol na praza central de Ordes en 2007

En breve. As orquestras ACHÉ e TRÉBOL están a piques de presentar grandes novidades nesta temporada 2010. Dunha banda a estrea de novos escenarios onde as actuacións lucirán moito máis e permitirán novos espectáculos e postas en escena, e doutra banda, e consideramos que máis importante, novos traballos discográficos que están a puntiño de saír do forno.

A primeira en ofrecer o disco parece que será ACHÉ. En abril o traballo discográfico de Karmen e os seus compañeiros estará xa na rúa, se todo vai como está previsto. En canto a TRÉBOL, a mediados de marzo estaban gravando as voces para as cancións e hai poucos días estaban co proceso de mesturas dos novos temas. En maio debería estar tamén dispoñible o que será o segundo disco da orquestra despois do anterior de 2008 que celebraba o 60 aniversario da formación ferrolá.

E os novos escenarios… pois tamén en breve. En principio o de ACHÉ estará listo na segunda quincena de abril. O día 23, na I Festa da Xuventude de Santa Comba, a orquestra xa actuará no novo palco. O de TRÉBOL poucas semanas despois; se non hai novidade parece que nas primeiras actuacións de maio a orquestra dirixida por Javier Bardanca podería lucir xa o seu flamante escenario.

Grandes cambios en tempos difíciles. Toda unha fazaña e unha clara aposta por continuar innovando e ofrecendo a mellor festa posible.

Orquesta Trébol - 2004 -Palco en Paiosaco (A Laracha)Montadores e músicos da orquestra Trébol ultiman o escenario para unha actuación en Paiosaco (A Laracha) en xuño de 2004

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*