Aínda que, por suposto, non é o mesmo que estar diante do palco, desde logo é unha moi boa nova para quen lle gusten as verbenas, poder estar na casa gozando dunha actuación en streaming na pantalla do ordenador ou conectalo xa directamente á tv do salón. Isto será posible no San Froilán de Lugo a partir desta mesma noite e ata o derradeiro día de verbenas.

Lugo 2016 - Tele Verbena - cartel

Nace Tele Verbena, un ambicioso proxecto que permitirá retransmitir en directo desde o campo da festa a actuación de diferentes orquestras nas principais festividades de Galicia, e non só verbenas senón tamén concertos e galas.

A orquestra BREIXA BAND será a primeira en actuar nas festas máis famosas de Lugo, e a partir das 22.00 h será posible gozar do seu espectáculo aínda sen estar en Lugo, e así con todas as orquestras que vaian pasando durante estes oito días de festas.

Podes seguir as actuacións na nosa web, en Tele Verbena e no resto de patrocinadores.

TODA A INFORMACIÓN DE TELE VERBENA:

Sigue a TELE VERBENA nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram:
www.facebook.com/televerbena
www.twitter.com/televerbena
www.instagram.com/televerbena

Visita a web:
www.televerbena.com
Contacta con TELE VERBENA en:
e-mail: info@televerbena.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*