Aínda que queda algunha pequena festa por celebrarse, no mundo das verbenas As San Lucas de Mondoñedo poñen oficialmente o punto final ás verbenas e feiras en Galicia. A considerada celebración máis antiga de Galicia, xunto coas Quendas, tamén en Mondoñedo, chegan este ano cun potentísimo programa que une algunhas das orquestras e grupos máis populares do campo da festa xunto con outras atraccións como SUSANA SEIVANE e CRISTINA PATO na mesma noite, entre outras propostas que podes consultar no programa que se achega.

Para conmemorar o 860 aniversario das festas e feiras das San Lucas confeccionouse un espectacular cartel con 15 orquestras e grupos de verbena ademais doutras actuacións musicais de renome nunha edición das máis longas que se recordan.

Mondoñedo 2016 - As San Lucas - programa

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*