O éxito do verán na verbena galega

0
253

Ou mellor dito un dos éxitos. Está a ser número un en toda Europa desde hai un par de meses despois de triunfar en toda América, e parece que será unha das cancións principais do verán nas pistas de baile, radio fórmulas e mesmo verbenas. O tema I gotta feeling, do grupo estadounidense Black Eyed Peas -seis veces gañador do premio Grammy-, chegou tamén aos escenarios das orquestras galegas. Moitas delas inclúeno na nova programación para esta temporada. Como exemplo traemos hoxe as versións das orquestras PANORAMA e OLYMPUS; dúas das mellores que se poden escoitar pola semellanza co orixinal.

No caso da orquestra de Negreira, o tema está incluído nun remix con outro trallazo das pistas de baile: Bad romance, de Lady Gaga. Cada vez máis, este tipo de música está a ser incluída nos repertorios das orquestras. E é que cada ano que pasa as formacións musicais de verbena ofrecen pases máis completos e que abranguen todos os estilos de música posibles.

Sen comentarios

  1. Bueno as duas orquestas estan ben eu quizais me quedaria na parte musical con Panorama e na voz coa sempre maravillosa Marta Valiño o unico que me gusta da Olympus este ano.

Deixa unha resposta


*