A orquestra Panorama será un dos pratos fortes na romaría do Bispo Santo de Foz. / © roxegar
15, 16 E 17 DE MAIO EN FOZ: ROMARÍA DO BISPO SANTO
Celébrase esta fin de semana unha das romarías con máis tradición da mariña lucense: O Bispo Santo de Foz, na parroquia de Forxán.
A festa comeza o venres e remata o domingo pola noite coa última verbena. A esta cita acoden milleiros de persoas durante os tres días de celebración. Familias e grupos de amigos trasládanse cos seus utensilios de campo para divertirse, comer e cantar nas cantinas colocadas no monte do Santo. Xunto coas cantinas instaláronse tamén estes días os chiringuitos e atraccións de feira para a celebración da romaría.
Para as tres verbenas, a comisión de festas elaborou o seguinte programa:
VENRES 15: GRUPO JOCKER e GRUPO CICLÓN
SÁBADO 16: ORQUESTRA ALARMA e GRUPO OCÉANO
DOMINGO 17: ORQUESTRA SUAVECITO e ORQUESTRA PANORAMA