Boqueixón: unha das festas máis esperadas

0
196

boqueixon-v-festa-da-mocidade-2010-cartelDe novo estamos ante a celebración da Festa da Mocidade de Boqueixón. Esta cita festiva que xa vai pola quinta edición é unha das datas máis esperadas da temporada porque acolle a tres das consideradas mellores orquestras actualmente en Galicia: PANORAMA, PARÍS DE NOIA e OLYMPUS.

En cinco anos de historia a festa foise afianzando como unha das celebracións máis importantes no concello. Sempre con tres orquestras de renome, salvo na cuarta edición na que actuaron catro, en Boqueixón, concretamente no campo do Forte dentro dunhas horas vaise montar unha festa impresionante.

Na pasada edición foran catro as orquestras que actuaran en Boqueixón: PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, PHILADELPHIA e COSTA OESTE, o mesmo día en que tiña lugar a Gala contra o cancro de PANORAMA en Ordes; aínda así, na festa de Boqueixón xuntaron a máis de 10.000 persoas. Este ano a PANORAMA regresa ao cartel nunha das principais celebracións do concello veciño de Compostela.

Tamén ao longo destes anos, segundo a festa foi collendo importancia e afianzando o seu público, foi necesario cambiar a localización do evento. Da praza central de Lestedo (onde ten lugar a Festa da Filloa) houbo que levar a troula ao campo do Forte para poder acoller os miles de persoas que se congregan cada ano nunha cita que vai a máis. Esperemos que o tempo non desluza en exceso a cita en Boqueixón. Festa grande a ter en conta nestes días de ocio.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*