Festa da Luz: eu apoio a Torre de Hércules

0
416

bandeirola

EU APOIO! CAMPAÑA A PROL DO NOMEAMENTO DA TORRE DE HÉRCULES COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE


SÁBADO 20 DE XUÑO: FESTA DA LUZ. ORQUESTRA PHILADELPHIA NA EXPLANADA DA TORRE DE HÉRCULES

Desde o Concello da Coruña xa está posta en marcha toda unha batería de actos lúdicos e festivos para apoiar o nomeamento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. Repartiranse bandeirolas (unhas 60000) para lucir nas fachadas dos edicifios, así como camisetas, pins e outros artigos promocionais. Os actos máis salientables son os seguintes:

SÁBADO 13 DE XUÑO. Na Torre de Hércules, festa infantil con horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, na que haberá obradoiros, inchables, xogos, trikers, rocódromo, tirolina e xadrez simultáneo.

DOMINGO 14 DE XUÑO. De 10.00 a 14.00 horas, terá lugar nos Xardíns de Méndez Núñez a Primeira Xornada de Deporte Feminino na Rúa que se leva a cabo na Coruña, organizada polas Concellerías de Igualdade e Deportes.

MÉRCORES 17 DE XUÑO. Ás 19.00 horas sairá da praza de María Pita a Marcha Cívica ata a Torre de Hércules, organizada polo Instituto Torre de Hércules e o Concello da Coruña.

SÁBADO 20 DE XUÑO. Festa da Luz a partir das 19.00 horas, na Torre de Hércules. Será, en palabras de Enrique Tello, “unha festa coruñesa e galega de toda a vida na que non faltará a orquestra, a animación e o polbo á feira”. Actuación da orquestra PHILADELPHIA

cartel-orquesta-philadelphia-2009

DOMINGO 21 DE XUÑO. Media Maratón de apoio á candidatura da Torre con saída ás 11.00 horas dos Cantóns, organizada pola Concellería de Deportes e a Federación Galega de Atletismo.

SÁBADO 27 DE XUÑO. Retransmisión desde Sevilla da resolución do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco, para o que se instalará unha pantalla xigante na Praza de María Pita.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*