Case un millón para o San Froilán

0
182

lugo-san-froilan-1965-cartelCartel do San Froilán de 1965

O Concello de Lugo acaba de ofrecer as primeiras cifras de participación nas patronais que remataron onte. O alcalde fala de máis de 900.000 visitantes a Lugo polas festas do San Froilán, o que é todo un éxito de asistencia.

O concerto de AMARAL congregou na praza da Horta do Seminario e rúas colindantes a máis de 30.000 persoas, o que supón o segundo concerto en importancia por número de persoas das últimas edicións despois do do ano pasado de MELENDI, ao que asistiron 32.000 seguidores do artista. Con todo, o concerto do grupo zaragozano foi a actividade con máis asistencia ás festas deste ano. Outros concertos como o de onte de FUXAN OS VENTOS E AMIGOS e verbenas como a de COSTA OESTE o domingo e PANORAMA, que cerraron onte as festas, congregaron a miles de persoas que deixaron colapsada a Praza Maior no caso das orquestras, e a Horta do Seminario, de novo, no caso do concerto.

O colapso dos últimos días contrasta coa pouca asistencia ás actividades do luns 6, propio día de San Froilán e festivo local. As continuas e fortes chuvias caídas durante todo o día arruinaron unha das xornadas máis importantes das festas patronais lucenses pero que se viu compensada polos días posteriores, especialmente a partir do venres.

Desde o concello informan tamén de que xa se empezou a preparar a vindeira edición das festas de Lugo, tanto o ARDE LUCUS como o SAN FROILÁN 2010, e que pretenden que sexan mellores ca este ano por dous motivos clave: o Xacobeo e o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*