Ciclón e Olympus amenizan a Santa Resaca en Añá

0
370

orquesta-olympus-2010-cartel

AÑÁ, FRADES, FESTA DA SANTA RESACA, HOXE XOVES A PARTIR DAS 23:00 HORAS

Na parroquia de Añá, no concello de Frades, están hoxe de festa. Pero esta non é unha festa calquera; a santa que se venera nada ten que ver co santoral cristián do resto de festividades: a Santa Resaca.

Hai tres anos, un veciño desta aldea de Frades creou unha imaxe, que representa a figura dunha muller cunha botella nunha man e un vaso na outra, en madeira, e que foi bautizada inmediatamente como a Santa Resaca.

A imaxe da “santa” presidirá nun altar as festas deste ano e mesmo sairá polo campo da festa en procesión, como se dun santo de verdade se tratase. A cita é a partir das 23:00 horas.

No apartado musical dúas grandes formacións musicais en Añá: CICLÓN e OLYMPUS. Calquera das dúas bandas ofrecerán parte dos novos repertorios que teñen preparados para esta temporada. Grandes cambios na listaxe de temas, nas coreografías e no espectáculo. No caso de OLYMPUS xa se dá por suposto, como vén sendo habitual en cada temporada, pero no caso de CICLÓN chama a atención por ser unha formación pequena. O traballo do grupo compostelán non está pasando desapercibido nestas últimas dúas temporadas e sobre todo en 2009. Moi ao contrario, por repertorio e posta en escena CICLÓN é un dos grupos máis completos e demandados polas comisións de festas. Non hai máis que ver o calendario de actuacións mes a mes para darse conta da grande aceptación do grupo.

Con OLYMPUS e CICLÓN a música e o espectáculo están asegurados esta noite en Añá. A noite da Santa Resaca.

grupo-ciclon-2009-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*