As últimas de Mondoñedo

0
254

Mondoñedo As San Lucas 2010 cartelAs festas de Mondoñedo son das máis antigas de Galicia, tanto as San Lucas como as Quendas, no mes de maio

O calendeiro festeiro comeza en Mondoñedo coas Quendas, as primeiras celebracións con verbena alá polo mes de abril empezando maio, e rematan coas San Lucas, que comezan mañá venres e traen de novo a festa e os bailes á localidade luguesa.

Tanto unhas coma as outras son das celebracións máis antigas de Galicia. Os mindonienses poden presumir de seren os que máis saben de festas, e é que a tradición aquí pesa moito. A falta dunha son dúas as celebracións históricas que se levan a cabo na antiga cidade do Reino de Galicia. Ademais tamén son das primeiras e das últimas no calendario. As Quendas xusto despois da Pascua de Padrón, das primeiras, e as San Lucas xusto despois do San Froilán, das últimas.

Dez serán as agrupacións musicais que amenizarán estes días de festa e de despedida, ata o ano que vén. A axencia de espectáculos Lito desprega un potente cartel no que están algunhas das consideradas mellores agrupacións de Galicia. Orquestras e grupos, empezando por MASTER, que abren mañá ,e acabando por CINEMA, que cerrará o día 20, que darán o mellor de si antes de marchar a maioría deles de vacacións e preparar novos proxectos que traian de novo a verbena aos campos de festa dentro duns meses.

E como di o refrán: outono outounán, mes das San Lucas e do San Froilán. Boa festa!

Mondoñedo As San Lucas 2010 cartel orquestrasDez orquestras e grupos para cerrar o calendario festeiro en Mondoñedo

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*