Panorama recibe en Santa Comba o título de “Mellor orquestra galega 2008”

0
158

Orquesta Panorama - II Gala Panorama contra o cancro 2009_0003.JPGFotografía do comezo do primeiro pase da orquestra Panorama 2009. Podes clicar na foto para ver máis de Panorama na nosa galería de Flickr

A orquestra PANORAMA recibe hoxe, mércores 1 de xullo, en Santa Comba, o trofeo  e o diploma que a acreditan como gañadora do concurso a Mellor Orquestra de Galicia, que se convoca anualmente na internet ao través da web www.anosacosta.com.

Coincidindo cos actos de conmemoración do quinto aniversario desta web e do nacemento da súa irmá cibernética Anosagalicia.es, e coa actuación de PANORAMA na última verbena das festas de San Pedro de Santa Comba, os promotores desta páxina queren entregar este premio que recoñece os catro anos consecutivos que esta formación vén gañando este concurso mediante votacións populares dos internautas.  De feito, a orquestra PANORAMA foi a máis votada nos catro concursos celebrados, nas edicións de 2005, 2006, 2007 e 2008. O webmaster de Anosacosta, Marcos Díaz, e mais o director, Xosé Manuel Lema, entregarán o dito premio aos membros da prestixiosa orquestra. A quinta edición do concurso a Mellor Orquestra de Galicia comenzará no mes de setembro. Primeiro ábrese un prazo de presentación de candidaturas, e as oito orquestras máis apoiadas, entran na fase final e nunha votación on-line pública. Nestes catro anos de votacións, PANORAMA foi a favorita.

O obxetivo deste concurso é promover na rede as verbenas galegas, dándolles a maior publicidade para que sirva de estímulo para as nosas comisións de festas e as orquestras. No transcurso da verbena de hoxe en Santa Comba, e agradecendo a colaboración da Comisión de festas xalleira, a orquestra PANORAMA recibirá o seu merecido premio.

Recomendamos a web anosacosta.com para estar actualizado sobre as novas da zona da Costa da Morte e outros temas de actualidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*