En Arteixo hai, polo menos, tres citas festeiras esta fin de semana. Á sempre coincidente de Vilarrodís e Oseiro súmase Barrañán.
As localidades arteixás de Vilarrodís e Oseiro están separadas por unha estrada, de maneira que desde o campo da festa de Oseiro se vería o de Vilarrodís se non fose polas edificacións. Se un escoita estes días foguetes alí non sabe moi ben a cal das dúas festas chama. E levan así anos…
A maioría dos días coinciden no calendario festeiro das dúas localidades, e houbo anos en que as orquestras eran, incluso, da mesma oficina. Se un quere estar ás dúas festas mesmo pode facelo sen necesidade de coller o coche.
Este ano o programa de Vilarrodís trae orquestras como SUPERFAMA, LOS ESPAÑOLES, BRUJAS, e para cerrar o luns RITMO JOVEN e CICLÓN.
Mentres, en Oseiro actuarán as orquestras ALASKA, POCEIRO BIG BAND e LOS SATÉLITES, ademais de D’MIKA MUSIC e a discoteca móbil MOVEMENTO todos os días da festa.
E no outro extremo do concello, Barrañán tamén ofrece o seu cartel festivo: o grupo D’MODA abre hoxe, día da churrascada, as celebracións. Mañá actúa NEBRASKA e o domingo cerra a orquestra PRINCIPAL.
Tres opcións para escoller esta fin de semana festa en Arteixo.