Gran cartel das festas boirenses de Moimenta

0
840

finalA orquestra rianxeira Gran Parada actuará o segundo día das festas en Macenda (Boiro

Pois nada, que seguimos a dar citas para máis festas no Barbanza. En plenas festas de Leiro (Rianxo), temos que dar conta doutras grandes, esta vez en Moimenta (Boiro).

A parroquia boirense de Moimenta iniciou hoxe domingo cinco días de festexos. E vaia festas. No cartel figuran as orquestras máis recoñecidas do panorama galego actual. Abonda dicir que están PANORAMA, PARÍS DE NOIA, OLYMOUS, CHARLESTON BIG BAND ou GRAN PARADA.

PROGRAMA

DOMINGO 11

O domingo, en honor da Virxe do Carme, a partir da unha da tarde, haberá sesión vermú, mexilloada e degustación de empanada. Xa pola noite, os encargados de facer bailar serán tanto a orquestra CHARLESTON BIG BAND como a CHARANGA MECÁNICA.

LUNS 12

O día 12, luns, pola noite, a verbena correrá a cargo do dúo MAREA e da orquestra GRAN PARADA.

MARTES 13

Xa o martes 13, actuará de novo o dúo MAREA acompañado esta vez pola orquestra PARÍS DE NOIA.

MÉRCORES 14

Actuación do trío REFLEJOS e da orquestra OLYMPUS de Negreira.

XOVES 15

O último día das festas actuará o dúo ROSAN e a orquestra PANORAMA.

charleston-big-band-cartel-20091

DOMINGO 11: APERTURA DAS FESTAS CON CHARLESTON BIG BANDparis-de-noia-2009-cartel2

MARTES 13: ORQUESTRA PARÍS DE NOIAafiche-olympus-20091

MÉRCORES 14: ORQUESTRA OLYMPUSorquesta-panorama-2009-cartel2XOVES 15: ORQUESTRA PANORAMA

Sen comentarios

    • Ola, no programa que teño eu non se especifica e na prensa consultada, tampouco. Supoño que as formacións musicais pequenas serán as que fagan as sesións vermú cando toque. A maioría das orquestras que van non fan vermús. Un saúdo!!!

Deixa unha resposta


*