EXCLUSIVA: Novas fichaxes do grupo Chaston

0
416

los-principes-2009-david-bouzonDavid Bouzón, vocalista de Los Príncipes, é unha das novas fichaxes do grupo Chaston xunto con Sara da orquestra Trébol

David de LOS PRÍNCIPES e Sara da orquestra TRÉBOL formarán parte da nova dianteira do grupo CHASTON.

Confirmado a Festa a Festa polo propio David Bouzón. O xa ex cantante da orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES pasará a formar parte da dianteira do grupo CHASTON xunto cunha ex vocalista da orquestra TRÉBOL de Ferrol, Sara.

En palabras do propio cantante: “Ella y yo haremos lo posible para garantizar una fiesta animada junto a los compañeros Juan y Marcos que son los que seguirán dando la nota de humor en cada verbena. Esperamos cumplir las espectativas del público y pondremos todo de nuestra parte”.

Está claro que con estas importantes incorporacións se está a xestar un novo proxecto do grupo CHASTON que apunta alto e que pode non acabar aínda con estas novas fichaxes xa que se poderían dar algunhas máis.

Antes de formar parte da dianteira de LOS PRÍNCIPES 2009, David Bouzón xa estivo noutras formacións como a orquestra coruñesa ALARMA.

Desde Festa a Festa desexámoslles ás novas fichaxes de CHASTON moita sorte na vindeira temporada.

Sen comentarios

  1. sen dúbida, grandes fichaxes parabén polas fichaxes vin aos principes este ano e melloraron moito david o canario é a caña. a moza non a coñezo pero me falaron moi ben dela

Deixa unha resposta


*