Unha Ascensión moi roqueira

0
483

santiago-de-compostela-rock-na-ascension-2009-cartelPodes clicar no cartel informativo para velo a maior tamaño

FESTIVAL ROCK NA ASCENSIÓN 2009

Dentro do programa de festas da Ascensión, en Compostela ten lugar esta fin de semana un acontecemento musical único en Galicia: o Festival Rock na Ascensión.

O cartel está composto por doce bandas entre as que destacan importantes nomes como Rosendo, Barón Rojo, Def con Dos ou Mägo de Oz e bandas locais como Thinking Twice (que abren o programa) ou The Codename, gañadoras do certame Músicaxove de 2008 e 2009 respectivamente.

O festival roqueiro terá lugar os días 22 e 23 de maio no Multiusos Fontes do Sar, desde as 19.00 ata as 4.00 horas e as entradas custan 25 € (anticipada) e 30 € para un día e 40 € (anticipada) ou 50 € para os dous días. Pódense adquirir a través da páxina web de Caixa Galicia, cun 25% de desconto coa tarxeta NETCLUB, e en distintos puntos das cidades galegas como A Reixa en Santiago e Discos Gong.

Preténdese que de cara ao ano que vén, o festival adquira dimensións internacionais. Polo momento esta iniciativa é das máis completas neste tipo de música non só en Galicia senón tamén a nivel español.

O festival tamén incluirá sorpresas como sorteos de material de merchandising cedido polos artistas incluída unha guitarra eléctrica asinada por Rosendo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*