Unha tarde de radio co grupo La Oca

0
740

Grupo La Oca - 2010 - 001 - Radio CaldasDe esquerda a dereita: Ariel, Melo, Paradela, Puma , Mónica e Dani do grupo La Oca, e roxegar. Diante: Estela e Manuel do grupo Samba e de Radio Caldas / © fotografía roxegar 2010

A semana pasada tivemos a sorte de compartir unha tarde en Radio Caldas co grupo LA OCA, dentro do programa Vámonos de festa, que presenta Puma Rodríguez, cantante da formación de Sanxenxo. Pero neste penúltimo programa da temporada Puma pasou ao outro lado da mesa para ser entrevistado xunto co resto dos compañeiros.

E nunha agradable tarde de mércores os compoñentes de LA OCA ao completo foron entrevistados por Estela Rodríguez, directora e voz feminina do grupo SAMBA e Manuel, do mesmo grupo, aos mandos do programa.

Así un a un, os compoñentes foron falando das súas vivencias no mundo das orquestras, desde Dani Dopazo, José Manuel Paradela, ou Puma, a Ariel, Melo Suárez (última incorporación do grupo na batería) ou Mónica Laguna, a voz feminina de LA OCA.

Vinte anos de música ben feita, e esperemos que moitos máis, onde salienta un repertorio bailable e moi completo. LA OCA continuará a levar a festa a todos os recantos.

E hoxe último programa da temporada, Puma Rodríguez entrevista ao grupo SAMBA, que ademais estrea novo disco no seu 25 aniversario. SAMBA presenta o seu segundo disco na historia do grupo e novo escenario. Vámonos de festa despídese ata o próximo ano, comeza a temporada alta nas orquestras e iso imposibilita facer un programa de tarde, mellor velas en directo no campo da festa.

Radio Caldas fm 107.4 e por Internet en radiocaldasfm.com

Grupo La Oca - 2010 - 009 - Radio Caldas

Puma Rodríguez, voz masculina do grupo La Oca e presentador de Vámonos de festa, en Radio Caldas / © fotografía roxegar 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*