Budiño: festa multiplicada por dez

0
434

Orquesta Philadelphia 2009 0010 Festa da Luz.JPGA orquestra Philadelphia é unha das dez formacións musicais que actuará ata o mércores día 3 en Budiño (O Porriño). Na fotogafía, en primeiro plano, David Balboa, un dos vocalista da orquestra / foto © roxegar

A localidade de Budiño, no concello do Porriño, celebra unhas das festas máis importantes, polo menos no que se refire a cartel de actuacións, xa que durante cinco días de festa pasarán por esta parroquia dez formacións musicais da oficina de espectáculos Lito, todas elas moi coñecidas polo público galego xa que son habituais en calquera recanto de Galicia.

As festas xa comezaron onte coa actuación das orquestras MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND. Prosegue hoxe o programa con outras dúas boas formacións musicais, MIRAMAR e ABANICO. Mañá luns actuarán a orquestra PHILADELPHIA e o grupo LA OCA; OLYMPUS e GRAN PARADA serán as encargadas da verbena do martes e, para rematar, COSTA OESTE e a gran SINTONÍA DE VIGO poñerán o broche final na noite do mércores.

Ata o mércores día 3 de febreiro a festa ten nome propio: Budiño.

PROGRAMA DE ORQUESTRAS BUDIÑO 2010

SÁBADO 30 .- MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND

DOMINGO 31.- MIRAMAR e ABANICO

LUNS 1.- LA OCA e PHILADELPHIA

MARTES 2.- OLYMPUS e GRAN PARADA

MÉRCORES 3.- COSTA OESTE e SINTONÍA DE VIGO

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*