Santa Rita trae a festa por toda Galicia

0
595

vilagarcia-de-arousa-festas-de-santa-rita-2009-cartel

FESTAS DE SANTA RITA EN VILAGARCÍA DE AROUSA, RIANXO, DACÓN-MASIDE E O BARCO DE VALDEORRAS

Este ano a Santa Rita cadra coa Ascensión e por este motivo multiplícanse as festas por toda Galicia.

Ás festas en Compostela hai que lles sumar as celebracións de Santa Rita de lugares como Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Dacón (Maside-Ourense) ou O Barco de Valdeorras entre outros.

O programa en Vilagarcía arrinca xa a véspera de Santa Rita, o xoves, coa actuación da orquestra MONUMENTAL e o grupo AMÉRICA. O venres, día grande, actuarán a SUAVECITO ORQUESTA e o grupo ALCOTÁN, que aínda que polo nome nos poida parecer unha formación nova, é a nova denominación do grupo BRUMA desde 2007.

O sábado en Arousa tócalles actuar a CUNTER’S e DELFINES, e o domingo remate cun concerto da BIG BAND de Vilagarcía. O programa complétase cunha feira do século XIX, un campeonato galego de automodelismo e un circuíto de KARTS de 3000 metros cadrados e numerosas actividades deportivas entre o máis destacado. Tamén haberá na zona de O Ramal un recinto con atraccións de feira que xa está funcionando desde a fin de semana pasada.

En Barbanza tamén hai festa, o venres en Rianxo celebran a Santa Rita, e ademais “todo queda na casa” porque a encargada de amenizar a berbena é unha orquestra da vila, ABANICO. A formación musical rianxeira acaba de sacar o seu primeiro CD co título de Báilalo.

A parroquia de Dacón, no concello ourensán de Maside, tamén celebra as súas festas, neste caso patronais, coa actuación de grandes orquestras: o xoves tocarán MARBELLA LIGHTS SHOW e OLYMPUS, o venres é o día do cara a cara entre a PANORAMA e a PARÍS DE NOIA e o domingo actuarán as orquestras CASABLANCA e NUEVA GENERACIÓN.

Tamén en Ourense, pero neste caso no Barco de Valdeorras, hai troula esta fin de semana. Celebran as festas “pequenas”, xa que as “grandes” son as do Cristo en setembro. Con todo haberá tres días con actuacións musicais, actividades deportivas e teatro para os nenos. A orquestra MIRAMAR será a primeira en pasar polo Barco, JOCKER actuarán o sábado e o domingo, para rematar ben, a actuación da orquestra PONTEVEDRA. Neste caso tamén hai recinto de atraccións ao lado da piscina, como de costume.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*