Ribeira 2017 - Montaxe - foto 1

Montaxe da Noria Mirador Sánchez nas festas de Ribeira.

Sempre houbo moitas atraccións e casetas nas Festas do Verán de Ribeira, pero este ano é sen dúbida o que contará con máis aparatos e casetas de feira; unha auténtica invasión de atraccións de todos os tipos. Por que se Ribeira volverá contar coas xa clásicas grandes barracas: montaña rusa Súper Ratón Vacilón, Noria Sánchez, Boomerang, Explorer, Rodeo americano, Saltamontes, Barco Pirata, Jumanjy, autos de choque, dragón… e un longo etcétera de atraccións infantís como o gusano Pupo, baby, Scalextric, “bufalito”, “Tortugas Ninja”, varios hinchables, simulador 6D, Tren Popof, camas elásticas, “autogiro”, noria infantil, cabaliños ponnis (artificiais), carrusel de cadeas, piscina de bólas, pistas americanas (varias), trampolíns (varios), autos de choque, pista de motos, Karts, o Circus, etc; este ano contará a maiores con tres grandes atraccións que chegan por primeira vez á cidade: a UVE, o Break Dance e o “martillo Shutle”. Son 12 grandes atraccións que converten o recinto feiral de Ribeira nun dos máis completos de Galicia.

Ás atraccións hai que lles sumar máis de 80 casetas de feira entre casetas de tiro, tómbolas (varias pequenas e a grande El Cubo), bingo, carreira de camelos, “grúas”, pesca de patos, casetas de xogos diversos, postos de comida e lambonadas… e ademais unha fila interminable de ao redor de 100 postos de venda nas beirarrúas ao longo de toda a avenida do Malecón.

As festas traen coma sempre un completo programa de música onde destacan os concertos de Merche, Mägo de Oz e Treixadura, e orquestras como TANGO e GRAFITI entre outras moitas.

Por suposto, non podía faltar o grupo orquestral da casa: PLATINUM, que actuará no Parque García Bayón.

Está todo case preparado para unha nova edición das Festas do Verán de Ribeira, por se alguén pensaba que coa Dorna (que se celebrou a pasada semana) remataba a troula na capital da Barbanza.

Ribeira 2017 - Montaxe - foto 2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*