Versalles e Ciclón na Santa Rita de Brión

0
498

Sanela Ferizovic - Orquesta Versalles 2007 - Ribeira.JPG

En primeiro plano Sanela Ferizovic, unha das voces da orquestra coruñesa Versalles

ORQUESTRA VERSALLES E GRUPO CICLÓN: VENRES 22 EN ONS (BRIÓN – A CORUÑA) ÁS 22:00 H.

A orquestra coruñesa VERSALLES e o grupo CICLÓN son a combinación perfecta para unha boa festa. Para comprobalo pódese acudir hoxe, día de Santa Rita, á parroquia de Ons, no concello de Brión. As dúas formacións musicais son as encargadas dunha celebración con moita sona na comarca.

VERSALLES caracterízase claramente polo son latino, mesturando salsa, merengue e cumbia con pop actual. CICLÓN fai unha curiosa mestura entre o tradicional e clásico e o máis actual nun ambiente con certa imaxe trasgresora que pretende darlle á formación musical un aire diferente a unha orquestra tradicional, e conségueno con creces.

As cifras falan por si soas, o grupo encargado de abrir as festas da Ascensión conseguiu abarrotar a Alameda de Santiago co seu espectáculo deixando o persoal con ganas de repetir.

Polo que respecta á VERSALLES, que en poucos anos conseguiu facerse un bo sitio entre as orquestras coñecidas de Galicia, esta é unha temporada importante debido aos cambios producidos na formación en canto a músicos pero sobre todo na dianteira.

Os que coñecen a  orquestra verán que só permanece como cantante a gran Sanela Ferizovic; o resto de voces son novas nesta formación: Sara Piñeiro, Calú Méndez (que procede da orquestra CINEMA) e Jonathan Enrique (procedente da orquestra ISMAEL). VERSALLES segue tendo todos os ingredientes para continuar triunfando.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*