Tres boas razóns para ir a Boiro

0
431

Boiro - II Festa da Xuventude 2010 - Abanqueiro - cartel

Os carteis anunciadores da Festa da Xuventude boirense chegan ata Padrón, aproveitando o tirón que teñen as festas da Pascua. As imaxes desta entrada foron tomadas o domingo de Pascua en distintas zonas da vila rosaliana /© fotos roxegar 2010

Por segundo ano consecutivo, en Abanqueiro, concretamente no Campo de Exipto (Boiro), terá lugar mañá sábado a Festa da Xuventude. Quen viva en calquera lugar do Barbanza ou mesmo quen fose a Padrón ás festas da Pascua sábeo ben. Os carteis anunciadores inundan toda a comarca e chegan ata terras padronesas. Mesmo na autovía Padrón – Ribeira hai despregada unha gran pancarta anunciando a festa da fin de semana.

As orquestras que amenizarán a II Festa da Xuventude son COSTA OESTE, OLYMPUS e PANORAMA. Esta última chega de actuar o día anterior en Aguiño (Ribeira), a poucos quilómetros.

A partir das 22:30 as tres grandes formacións musicais ofrecerán os seus repertorios de música e espectáculo ata altas horas da madrugada. Ademais de bochinche e posto de polbo, haberá servizo de autobuses cada dúas horas desde o parque da Cachada para comodidade dos veciños e paliar un pouco o problema de aparcamento que se vai formar en Abanqueiro.

Unha festa, a boirense, que na súa segunda edición se afianza como unha data a ter moi en conta no calendario festeiro da zona, e máxime sabendo que as orquestras para 2011 xa están reservadas: PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e PANORAMA. Pero non adiantemos acontecementos, primeiro imos gozar da II edición da Xuventude en Abanqueiro ata que o corpo aguante.

Boiro - II Festa da Xuventude - 2010 - Abanqueiro - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*