A capital do Barbanza, Ribeira, está de festas desde hoxe mércores ata o próximo domingo, e o luns, como vén sendo habitual, despedida das atraccións de feira do gran recinto feiral con máis de cen atraccións, casetas, tómbolas e postos de venda que van da explanada da lonxa á gasolineira Repsol do Malecón.

CARTEL 2016.cdr

O programa musical é moi variado, con sete verbenas de grupos e orquestras e tres grandes concertos: MACACO, SEGURIDAD SOCIAL e SUSANA SEIVANE cerrando o domingo xusto despois da sesión de fogos artificiais.

En canto ás verbenas, actuarán as orquestras: SAUDADE (mércores), GRAFFITI (xoves), TANGO e o grupo ribeirense PLATINUM (venres no Malecón e no parque García Bayón respectivamente), SOLARA e grupo PLATINO (sábado) e orquestra STELARES para cerrar o domingo.

Venres, sábado e domingo serán tres as actuacións programadas, os concertos na praza de España/praza do Peixe e as verbenas das orquestras no Malecón, e dos grupos no parque García Bayón.

As festas complétanse con numerosas actividades estes días como o desfile de carrozas, as procesións ou RIVEIRALANDIA para os máis pequenos da casa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*