Philadelphia abre a nova páxina do tour 2010

0
517

philadelphiaweb2010

En portada María, a nova voz feminina da orquestra Philadelphia

Tal como anunciábamos hai unhas semanas, xa está operativa a páxina web da orquestra PHILADELPHIA de cara ao tour 2010 que comezou na pasada ponte da Constitución.

A páxina, que continúa a ter o mesmo enderezo electrónico, mostra as novidades en canto a compoñentes e tamén os novos apartados, algúns deles específicos para os seguidores da orquestra.

Para acceder a algún deses apartados é necesario ter un código que aparece no carnet persoal dos usuarios. Concretamente o apartado de descargas e o de subida de vídeos necesitan o PHILACARD dos usuarios. A partir de agora, ademais de descargar contidos exclusivos, os seguidores de PHILADELPHIA poden subir vídeos da orquestra e así compartilos.

Tamén hai outros apartados máis xerais: calendario, compoñentes, fotografías (no que aparecen xa instantáneas da xira 2010 cos novos compoñentes), libro de visitas ou vídeos (diferentes dos contidos de descarga).

Unha completa páxina web para poder seguir de cerca a PHILADELPHIA, unha orquestra que pouco a pouco foi ocupando un lugar destacado no mundo da verbena. De seguro que as novas fichaxes non van defraudar.

_________________________________________________________________

Máis información sobre o novo tour 2010 da orquestra PHILADELPHIA neste blog, na entrada do día 08 de decembro [Xa está aquí a orquestra Philadelphia 2010]

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*